Subvencións ao sector turístico para a promoción da dixitalización

A Axencia de Turismo de Galicia convoca axudas para a promoción da dixitalización.

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de empresas de aloxamento turístico, de restauración e de axencias de viaxes que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia e que teñan inscrito e autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Gastos subvencionables:

1.1. Gastos derivados da transformación dixital.

a) Instalación de novos PMS (property management system) e ERP (enterprise resource planning) e integración de PMS e ERP actuais.

b) Instalación de novos CRM (customer relationship management), tanto integrados con PMS como non integrados.

c) Instalación dun channel manager.

d) Instalación de ferramentas de visualización, consulta e análise de datos.

e) Implementación de motores de reserva.

f) Incorporación de sistemas e metodoloxías para reforzar a seguridade dos datos.

g) Utilización de tecnoloxías disruptivas na realización da actividade da empresa: blockchain, realidade virtual ou aumentada, big data e análises-explotación de datos, sensorización e comunicación entre máquinas, intelixencia artificial.

1.2. Gastos de equipamento tecnolóxico necesarios para os indicados no punto anterior. En todo caso, queda excluída a telefonía. Estes gastos de equipamento tecnolóxico asociados aos indicados no punto 1.1 non poderán superar o 10 % do investimento subvencionable.

1.3. Gastos de aloxamento ou servizos na nube necesarios para os gastos indicados no punto 1.1.

1.4. Gastos derivados da creación do produto e /ou comercialización do destino Galicia.

a) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e comercialización da oferta turística.

b) Gastos derivados dos custos da pertenza a grupos de compra e/ou xestión do uso de ferramentas para a creación do produto turístico e/ou de comercialización do destino Galicia.

2. Non serán gastos subvencionables aqueles conceptos que non estean directamente relacionados coas actuacións subvencionables.

* O importe da subvención será do 80 % do investimento subvencionable. O investimento máximo subvencionable será de ata 15.000,00 euros por persoa beneficiaria, polo que a axuda máxima será de 12.000,00 euros.

Máis información no DOG do 5/07/2023 e na sede electrónica da xunta: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503C&ano=2023&numpub=1&lang=gl

Pin It on Pinterest

Share This