Oia acolleu a pasada fin de semana o I Campionato Galego de Parapente Precisión, organizado polo Club Planeamos co apoio da Federación Galega de Aeronáutica (FAG) e a colaboración do Concello
Oia acolleu a pasada fin de semana o I Campionato Galego de Parapente Precisión, organizado polo Club Planeamos co apoio da Federación Galega de Aeronáutica (FAG) e a colaboración do Concello
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola alcaldesa Cristina Correa, supervisou esta mañá unha actuación financiada pola Axencia Turismo de Galicia e que incorpora un novo atractivo turístico “nun punto único do sur da provincia para este deporte” | A actuación consistiu no acondicionamento da zona de saída con céspede sintético, a instalación de sinalización con paneis e cortaventos e a dotación de elementos de mellora da estancia dos usuarios, como mesas, bancos e un totem-selfie, entre outros | “Trátase dunha actuación necesaria para modernizar un servizo especial e diferente e moi empregado por afeccionados e empresas de turismo activo e que ademais sitúase na contorna da vindeira ruta de BTT enmarcada no Plan de Turismo Sostible en Destino que foi aprobado pola Xunta para a zona de Oia”, sinalou o representante autonómico