A foodtruck “Galicia sabe a mar” visita Oia este sábado
Oia recibirá este sábado, 14 de novembro, a visita da foodtruck “Galicia sabe a mar”, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para promover e poñer en valor a calidade, a variedade e a riqueza dos produtos do mar galegos.
A unidade móbil estará situada na Praza Centinela, onde atenderá ao público en dúas quendas: de 12:30 a 15:30 horas e de 18:30 a 21:00 horas.
Baixo o lema «Galicia sabe amar», esta campaña da Xunta de Galicia busca achegar os produtos pesqueiros e marisqueiros á cidadanía, fomentar o seu consumo e dar visibilidade ao traballo dos profesionais do sector do mar, unha actividade fundamental para a economía, a cultura e a identidade galegas.
