Aberto o prazo de inscripción para cursos gratuítos na aula mentor

Hoxe abre o prazo de inscripción para cursos gratuítos na aula mentor

O prazo é ata o 15 de marzo. As prazas son limitadas e serán asignadas por rigurosa orde de inscripción.

Se estades interesadxs en realizar algún destes cursos na aula mentor do noso Concello, podedes enviarnos un email a oia@aulamentor.es, ou vía telefónica (986362125 ext3) ou presencial

Estes cursos non teñen exame presencial. Emitirase un certificado de aproveitamento ou asistencia.

Recordade que tedes moitos máis cursos, de variadas temáticas á vosa disposición, na aula mentor. O prezo do resto dos cursos (estes que vos envío agora son gratuítos) é de 24 euros por mes (normalmente son cursos de 48 euros-2 meses)

Dende o enlace podedes consultar todos os cursos que tedes á vosa disposición

https://www.aulamentor.es/cursos-acceso/catalogo-de-formacion/competencias-profesionales/

https://www.concellodeoia.es/aula-mentor/

Pin It on Pinterest

Share This