Axudas á compra de bicicletas eléctricas de pedaleo asistido e de man para cadeiras de rodas

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, volve lanzar en 2023 o programa EBici, dirixido ao fomento do uso de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e de bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, mediante unha liña de subvencións para a súa adquisición.

Cantidade de subvención:

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50% do prezo da bicicleta eléctrica con pedaleo asistido para un/unha beneficiario/a xeral (cun límite de 500 €).

No caso de integrantes dunha familia numerosa, chegará até o 60% (cun límite de 600).

Por último, o tope para quen forme parte dunha familia numerosa con categoría especial será do 70% (cunha contía máxima de 700 €).

Unha persoa beneficiaria só poderá recibir axuda pola adquisición dunha única bicicleta eléctrica con pedaleo asistido

Como solicitala?

Para ser beneficiario/a terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas

Prazo de solicitude:

A partir do día 1 de xuño e ata o 15/11 ou esgotamento dos fondos

Toda a información, así como listaxe de entidades adheridas, no enlace:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/ebici?langId=gl_ES

Pin It on Pinterest

Share This