Axudas a proxectos de enerxías renovables térmicas
SUBVENCIÓNS A PROXECTOS RENOVABLES DE USO TÉRMICO: biomasa, aerotermia, xeotermia, hidrotermia e solar térmica
As solicitudes realizaranse a través de entidades colaboradoras.
Contía da axuda.
Para o cálculo da axuda, téñese en conta a potencia e o tipo de tecnoloxía.
A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.
Adicionalmente, dependendo da tipoloxía, establécese unha axuda máxima por vivenda:
Tipoloxía Axuda máxima por vivenda (€)
Biomasa 8.000
Xeotermia 10.000
Aerotermia/Hidrotermia 2.500
Solar térmica 2.000
En proxectos multivivenda a axuda máxima por proxecto será de 40.000 €.
Toda a información no DOG do 9/02/2024 e na web do INEGA:
https://www.inega.gal/gl/axudas/subvencions-para-o-ano-2024-proxectos-de-enerxias-renovables-de-uso-termico-no-sector