Corte de tráfico na PO-552 ao seu paso por Oia mañá debido ao paso da competición ciclista “O Gran Camiño”
Oia formará parte do itinerario dunha das etapas da competición ciclista “O Gran Camiño”. Por esta causa, mañá venres a última hora da mañá será preciso cortar o tráfico na estrada PO-552, durante o tempo no que os deportistas realicen seu traxecto pola localidade (aproximadamente uns 30 minutos).
A segunda etapa de “O Gran Camiño” desenvolverase mañá venres pola mañá e unirá as localidades baixomiñotas de Tui e A Guarda, rematando no Monte Trega (181,70km) pasadas as 15.00 horas. O itinerario previsto atravesará o municipio de Oia, entrando desde Baiona pola PO-552 e continuando por esta estrada ata A Guarda.
Segundo as previsións da organización, os ciclistas farán o seu paso por Oia entre as 14.19 e as 14.43 horas, aproximadamente; sendo preciso o corte do tráfico na estrada xeral mentres se desenvolve a competición. Deste xeito, a duración estimada da interrupción do tráfico sería dunha media hora.