Andaina de Monumento a Monumento polo Camiño Portugués da Costa
A andaina “de Monumento a Monumento” conmemorará o 90 aniversario da declaración de Ben de Interese Cultural do Mosteiro de Oia e o Monte de Santa Tegra | Os participantes percorrerán 12,5 km do Camiño Portugués da Costa, saíndo dende o Mosteiro de Oia e chegando a A Guarda | Ambos monumentos están vinculados dende que no Real Decreto de Xuño de 1931 formaran parte dos 789 elementos patrimoniáis españois que foron declarados monumentos histórico-artísticos pertencentes ao Patrimonio Nacional
O obxectivo desta conmemoración é o mesmo que en orixe motivou aos que loitaron pola proclamación destes monumentos como parte do Patrimonio Nacional hai 90 anos, e non é outro que poñer en valor estes tesouros nacionais.
Descuberto en 1913, o enorme poboado castrexo que compón o Castro de Santa Tegra supuxo unha das primeiras campañas turísticas lanzadas en España, chegando a ser o segundo lugar máis visitado en Galicia trala Catedral de Santiago. O indiano portorriqueño Manuel Lomba Peña é a quen se lle debe en maior medida dito logro.
O Mosteiro de Oia que data do século XII, é o único da Orde do Císter pegado ao Océano Atlántico. Dirixido polos benedictinos que foron monxes artilleiros e cultivaron as vides e as terras durante sete séculos, pasou, trala desamortización a mans privadas pertencendo ata 1945 á familia do segundo propietario, outro indiano portorriqueño veciño de A Guarda, Joaquín Alonso Martínez.
Por todos estes motivos, o Mosteiro de Oia tomou a iniciativa de conmemorar tal acontecemento organizando a Andaina coa colaboración dos concellos de Oia e A Guarda, e contando ademais co patrocinio de Frutas Neves. Baixo o nome ‘de Monumento a Monumento’, a andaina terá lugar o próximo 5 de xuño, saíndo as 10 da mañá do Mosteiro de Oia para percorrer 12,5 Kms pola costa ata O Montiño na Guarda. As inscrición poderán facerse no Concello de Oia, o Centro Cultural da Guarda ou no email info@mosteirodeoia.com ata esgotar as prazas.
Os participantes poderán desfrutar dunha ruta chea de encanto pegada á agreste Costa que une estes dous puntos do Camiño.